Thursday 02 de May de 2024

Podemos anuncia que se presentará ás eleccións municipais en Cambre


Edu Fernández, elixido mediante un proceso de primarias, encabezará a candidatura

O circulo de Podemos de Cambre tomou a decisión de presentarse ás eleccións municipais de 2023. Tras varios anos de actividade durante os cales presentaron propostas e peticións veciñais a través do rexistro municipal, dan este paso para traballar pola mellora do presente e o futuro dos residentes en Cambre. Para iso realizaron un proceso de primarias no que elixiron a Edu Fernández para encabezar a lista electoral.

Veciño de Ou Amorne, Edu Fernández afirma que están a traballar para presentar “unha candidatura aberta á sociedade civil, con vocación de integrar a quen comparta a defensa da xustiza social, o feminismo, o ecoloxismo e a defensa do público”.

“Queremos promover o diálogo para chegar a consensos entre as forzas políticas e os veciños” para o que puxeron en marcha “un proxecto participativo para aelaboración dun programa que recolla a solución ás demandas populares, priorizando a accesibilidade aos servizos esenciais”.